Imagen del grupo Kibitka en acción

Sobre Kibitka

Kibitka é unha casa migratoria.

A bagaxe e as viaxes das oito persoas que van nesta kibitka trouxeron músicas de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Galiza e Rusia, agregaron ritmos e influencias latinas, rescataron sonoridades esquecidas.

Kibitka construiu amodo músicas propias e un estilo orixinal. Toda unha equipaxe para esta viaxe migratoria que espreme traxectos, distancias, rupturas afectivas e seducións entre dous universos en confrontación: o da partida e o do acollemento.

Os sons migran, polo tanto, coas persoas e a través delas, expoñéndose, igual que a xente de Kibitka, á aventura dun novo hábitat.

Kibitka son:

  • Ana Abeledo  (Clarinete e lixas)
  • Andrey Volodin  (Guitarra e voz)
  • Tania Capón  (Violín)
  • Mano Panforreteiro (Gaita, whistles, trompa e melódica)
  • Danilo Ramos (Tres e teclados)
  • Antonio Vázquez (Percusións e batería)
  • Yuri Sidar (Baixo electroacústico)
  • Vadim Yukhnevich (Baián e voz)

Compartir:

  • Facebook
  • Twitter
  • Máis...
www.000webhost.com